Unha de principios

OPINIÓN

S e para algo nos ten que servir esta crise, debera ser para aprender dos erros e volver aos principios nos que se basean as cousas. Un dos sectores máis afectados é o da construción, o da enxeñería civil. Dependemos dos presupostos públicos para crear, e? dicíndoo claramente, non hai cartos.

Sempre apostei pola enxeñería discreta e útil. A pouca xente lle gusta realizar obras de saneamento, de creación de pistas e estradas secundarias, de abastecemento e regulación de auga? porque practicamente non se ven. Pero son moi necesarias. Imprescindibles.

Correspóndense coa esencia da enxeñería civil, a que está pensada para dar servizo á sociedade. Os principios da enxeñería non precisan impresionar pola súa magnificencia, tan só pretenden resolver problemas e carencias. É tempo de volver ao principio, de recuperar a discreción e a esencia, sempre tan necesarias.