18 dic 2011 . Actualizado a las 06:00 h.
O municipio lucense do Incio, do que procede a familia do poeta monfortino Lois Pereiro, celebrou unha xornada de homenaxe ao protagonista do último Días das Letras Galegas. Na praza do Concello foi inaugurada unha placa co texto dun poema seu, Transmigración. Na imaxe, a nai do poeta, Inés Pereiro, decobre a placa. Os escritores Manuel Rivas, Olga Novo e Marica Campo ofreceron un recital sobre poemas de Pereiro, seguido dun concerto da Quenlla e Ondas Martenot. foto ROI FERNÁNDEZ