pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

A Cidade da Cultura só se ve en Google Earth

Autor:
Camilo Franco
Fecha de publicación:
  • Valoración de la noticia 1 , 2 , 3 , 4 , 5 , ()
  • Envíando datos... Espere, por favor.
  •  Gracias.

Non hai cultura sen mecenado. Cervantes non sería tan coñecido sen mediar o Conde de Lemos e a súa fortuna. Non habería Miguel Anxo Buonarrotti sen a inversión que o papado retiraba dos diezmos cobrados a campesiños, tampouco se entendería o Renacemento italiano sen a boa disposición a pagar das fortunas florentinas. Habería que contar a influencia económica de Gertrude Stein en Picasso ou repasar a influencia que familias como a Guggenheim tiveron na economía das vangardas.

A protección económica da cultura non é nova. É unha constante que o século XX tentou cambiar polo mesmo método con que se intentou cambiar todo tipo de proteccións. Pasándoa do particular ao institucional. Como pasou coa sanidade, como pasou coa industria. Como sucede coa agricultura e o seu imposible mercado. Ten sentido que o Estado tratase á cultura como ao resto das actividades. Que en algún momento do seu funcionamento o sistema fose esaxerado ou mal utilizado non invalida o sistema. Pero hai unha lectura máis. No século XX, a cultura adquire dimensións populares porque a sociedade adquire dimensións universais. A xeralización cultural, o impulso institucional nos anos cincuenta dun Ministerio de Cultura cun ministro como Malraux, cambiaron o xeito de operar e esa intervención foi copiada en toda Europa. Nos últimos trinta anos os presupostos culturais eran os que eran. Agora poden parecer abondosos, pero é outro espellismo das circunstancias. O que si merece asumir responsabilidade é a falta de definicións dos obxectivos.

E se o estiveron foron a favor da creación de edificios, de pagar minutas de arquitectos que se comportan como cantantes de ópera. Cortar agora as axudas aos colectivos culturais non pode ser explicado, nin debe ser entendido, como o resultado da crise nin como un exceso de oferta. O problema non é de agora, procede de cando se entendeu como cultura chantar un edificio tan grande que se vise claramente no Google Earth.

 

ENVIAR NOTICIA  

A Cidade da Cultura só se ve en Google Earth

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.