Detectives novelescos, xeracións novas e intrigas políticas

La Voz

CULTURA

08 jul 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Diego Ameixeiras naceu en Suíza en 1976, pero a súa traxectoria vital e literaria está moi ligada a Ourense. A cidade, como sucede en Historias de Oregón, é a paisaxe de fondo dalgúns dos seus libros, en especial dos que estiveron protagonizados polo seu primeiro detective, Horacio Dopico, Baixo mínimos e O cidadán do mes.

Ameixeiras gañou o premio Xerais con Tres segundos de memoria, unha novela xeracional ambientada na Compostela da primeira década deste século entre bolseiros e desocupados.

Tras gañar en 2006 o Xerais, Diego Ameixeiras volve á novela tres anos despois con Dime algo sucio, afastándose do policial, ao que volvería con Asasinato no consello nacional, unha novela que traspasou da literatura á política ao transfigurar algúns personaxes da vida política galega, en especial, da contorna do BNG. Ameixeiras é tamén guionista, de xeito que é un dos coguionistas, entre outras obras, de 18 comidas, filmada por Jorge Coira.