pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

CINE O «Sinbad» de Cunqueiro terá versión en cine no seu centenario

A longametraxe incluirá apoios de animación para achegarse á fantasía

Autor:
camilo franco
Localidad:
santiago / la voz
Fecha de publicación:
  • Valoración de la noticia 1 , 2 , 3 , 4 , 5 , ()
  • Envíando datos... Espere, por favor.
  •  Gracias.

O vello Sinbad puido volver ás illas, pero igual non calculou chegar ao cine. A versión do clásico de Álvaro Cunqueiro que nacionalizaba ao mito da vida mariñeira e das aventuras pouco cotiáns terá versión cinematográfica neste 2011 no que o escritor, tan pouco necesitado de efemérides para darse a valer, cumpriría 100 anos, e o libro, 50.

Os números acaban en cero pero a fantasía parece non acabar nunca. Esa é unha das conclusións que rodean ao Cunqueiro máis fantasioso e que é tamén unha das preocupacións do adaptador e director da longametraxe, Antón Dobao.

Producida por Ficción, a versión cinematográfica será de imaxe real con pequenas fugas á fantasía feitas mediante animación e efectos especiais de xeito que, segundo explica o director, «sirvan para evocar ese mundo de Cunqueiro no que a realidade e a fantasía están moi próximas». A animación servirá tamén para introducir a historia e o deseño dela será obra do debuxante David Rubín.

Este Sinbad forma parte da xa longa lista de novelas galegas que foron adaptadas ao cine ou á televisión no proxecto Un mundo de historias. Pero Dobao, responsable dese proxecto, acepta que Cunqueiro «impón máis á hora de traballar con el». Autor dun guión argumentado xunto con Marcos Nine, Dobao explica que a intención non é tanto «transformar a Cunqueiro en imaxes como levar a novela ao cine respectando as historias que conta, pero tamén o autor que era». Sinala que a película que se estreará no outono non quere ser «unha película dixital que abuse dos efectos para remedar a fantasía de Cunqueiro». Explica o director que a animación estará presente, pero será «un apoio en momentos concretos da historia e que buscará sobre todo provocar ao espectador desde os pequenos detalles».

David Rubín, con experiencia en animación en películas como O espírito do bosque, entende o seu traballo nesta aproximación cinematográfica a Cunqueiro como «o deseño do aspecto visual, darlle un tratamento ás imaxes para achegalas ao fantástico, pero de xeito que funcionen integradas coa imaxe real». «Son apuntes animados ou de efectos que buscan a ensoñación», engade.

Non é a primeira ocasión en que este texto de Cunqueiro extralimita ás dúas dimensións do papel. En 1999, o Centro Dramático Galego levouno á escea con dirección de Fabio Mangolini sobre a adaptación de Quico Cadaval. Hai un nexo común entre aquela versión e esta que rodará nos vindeiros meses e que contará co apoio da Agadic e da Televisión de Galicia. O protagonista das dúas será o mesmo actor, Xosé Manuel Olveira, Pico. Non será único. Antonio Durán, Morris, tamén estivo naquela produción do CDG.

Xunto a estes dous actores formarán reparto Sara Casasnovas, Mariña Sampedro, Luís Zahera, Camila Bossa, Manolo Cortés, Laura Ponte, María Tasende, César Cambeiro e Ángel Egido, que interpretará a Cunqueiro. Ademais das palabras de Cunqueiro, a película aproveitará o litoral das Rías Altas para localizar ese espazo no que o vello mariño decide fantasear sobre o seu pasado. Unha melancolía ou un retorno sentimental que Dobao quere que permaneza na longametraxe como parte da linguaxe do autor.

 

ENVIAR NOTICIA  

CINE O «Sinbad» de Cunqueiro terá versión en cine no seu centenario

A longametraxe incluirá apoios de animación para achegarse á fantasía

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
O «Sinbad» de Cunqueiro terá versión en cine no seu centenario

Relacionados de la noticia

 
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.