Rosalía de Castro abre «Lúa Lueira», a colección de poesía para nenos de Espiral Maior

X. F. redacción / la voz

CULTURA

Nestes libros, segundo a editora, se pretende unir «o elemento literario e lúdico da expresión poética cunha vontade encamiñada á adquisición e aprendizaxe da linguaxe».

13 mar 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Espiral Maior é o selo galego por excelencia no eido da poesía, cun amplo catálogo con autores de todas as xeracións. Agora vén de poñer en marcha unha colección poética destinada aos máis cativos, que recibe o nome de Lúa Lueira, e que se abre con dous títulos: Parece unha rosa, de Rosalía de Castro, e Cantiga do mazarico, de Emilio Pita. Ambos os dous volumes están ilustrados por Isabel Pintado.

Nestes libros, segundo a editora, se pretende unir «o elemento literario e lúdico da expresión poética cunha vontade encamiñada á adquisición e aprendizaxe da linguaxe».

A autora das ilustracións, Isabel Pintado, é pintora e gravadora, licenciada en Belas Artes, e compaxina o seu labor creador coa docencia especializada en obra gráfica. Estes non son os primeiros libros que ilustra, xa que no 2008 publicou o libro para nenos O año do pitaño, con imaxes baseadas nun poema do escritor Xosé María Álvarez Blázquez.