Galeusca denuncia que a regresión na inversión da Xunta impide que medre o sector cultural

La Voz A CORUÑA/LA VOZ.

CULTURA

A Coruña acolleu o congreso das asociacións de escritores galegos, vascos e cataláns

02 nov 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

As asociacións de escritores galegos, vascos e cataláns aprobaron nas conclusións do congreso Galeusca celebrado na Coruña unha serie de puntos, como: «Denunciamos a regresión na política de investimentos en cultura por parte da Xunta de Galicia, que imposibilita o desenvolvemento ascendente e normalizado da actividade cultural vinculada ás industrias do sector e co propio proceso creativo dos autores e autoras nas súas diferentes manifestacións artísticas». Outra das cuestións aprobadas foi a de demandar «do Goberno central garantías e respecto equitativo e de adecuación de políticas de fomento e divulgación das nosas literaturas nacionais en pé de igualdade coa literatura escrita en lingua castelá». Maior presenza das linguas autonómicas nos currículos escolares, «rexeitamento rotundo» ao decreto do galego e desacordo cos Premios de Creación foron outros puntos das conclusións de Galeusca.