No Centro Ramón Piñeiro para a investigación en Humanidades rematan hoxe as sesións de traballo da reunión anual dos membros da rede de investigación sobre as literaturas infantís e xuvenís no marco ibérico e latinoamericano, da que forman parte expertos de distintos países.
O encontro, coordinado polo centro Ramón Piñeiro a través da investigadora Blanca-Ana Roig, ten como obxectivo determinar as actividades para o curso 2010-2011. Os integrantes desta rede temática, que foron recibidos na xornada de onte polo secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, participan tamén no curso de formación continua dedicado a As literaturas infantís e xuvenís ibéricas. Reescrituras actuais do conto popular. Século XXI , que se celebra na Biblioteca da Fundación Caixa Galicia de Santiago desde onte ata mañá.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios