O certame dedicará ciclos aos 25 anos da TVG e aos 150 anos do nacemento deTagore
O Festival de Cine Internacional de Ourense, OUFF, está de aniversario e o consorcio organizador do certame audiovisual non quere deixar pasar a ocasión de facer dese acontecemento, e doutras celebracións vinculadas co paso dos anos, o fío condutor do certame audiovisual que se celebrará en Ourense entre o 1 e o 9 de outubro. Na edición número 15 do festival vaise facer un repaso dos tres lustros de existencia do mesmo, unha mostra fotográfica lembrará aos persoeiros máis salientables que levan pasado por Ourense nestes anos, e haberá ciclos especiais dedicados aos 25 anos da Compañía da Radio Televisión de Galicia e aos 150 anos do nacemento do premio Nobel Rabindranath Tagore (Calcuta, 1861-Santiniketan, 1941).
Apertura con carácter galego
O programa de actividades, iniciativas e películas a concurso no OUFF foi presentado onte na cidade pola presidenta do consorcio, e concelleira de Cultura de Ourense, Isabel Pérez, o director do festival, Enrique Nicanor, e a directora da TVG, Rosa Vilas. Como lembraba na presentación Enrique Nicanor, o de Ourense é un festival que aposta polo cine independente e, de forma prioritaria, pola produción e o audiovisual galego e nesa liña de traballo o OUFF 2010 inaugurarase coa estrea da película 18 Comidas, de Jorge Coira e Fernanda del Nido.
Entre as diferentes seccións do Festival de Cine Internacional de Ourense inclúese este ano unha en conmemoración dos 25 anos da CRTVG co cine galego, ciclo no que se proxectarán cinco películas coproducidas pola TVG. Con relación a esta colaboración a directora da TVG, Rosa Vilas, reafirmouse en que «a Televisión de Galicia ten que ser o motor do audiovisual galego, e neste momento máis que nunca» e que a colaboración co sector nestes anos foi quen de crear técnicos, directores, actores e outros profesionais «dun nivel moi alto que gozan dun recoñecemento unánime». Vilas definiu ao audiovisual como «un sector clave para este país» e adiantou que o OUFF podería acoller a preestrea dunhas das películas nas que participa a TVG, aínda que non quixo concretar o título.
Chaterjee e a revolución dixital
OUFF 2010 inclúe unha retrospectiva do director bengalí Satyajit Ray sobre obras de Tagore -proxectaranse A muller solitaria, Tres irmás: Monihara e O mundo de Bimala- e estrearase Shyama, de Obhi Chaterjee. Precisamente o director de cine e experto da comisión europea para o Cine e o Audiovisual impartirá en Ourense a masterclass Shyama e a revolución dixital.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios