Fernández Maira: «A baixada saneará o sector, porque se está publicando moito»

La Voz

CULTURA

Antonio Fernández Maira, coordinador da Federación de Libreiros de Galicia, leva desde o día un de agosto pasando moitas horas nos xardíns de Méndez Núñez da Coruña, atendendo a todo o que pasa na feira do libro. Asegura que a redución de títulos que teñen prevista os editores é unha boa medida: «A baixada servirá para sanear o sector porque se está publicando moito, uns 1.800 títulos en galego, e iso é moi difícil de asumir».

Insiste Maira en que a mingua vai ter unha repercusión positiva, mentres que Víctor Fernández Freixanes anuncia que cara o futuro «teremos que adaptar a nosa musculatura» algo que poderían levar a cabo o ano que ven.

As axudas institucionais é outra das cuestións das que falan os editores, quen recoñecen que outro dos motivos de intranquilidade é o anuncio da Xunta de redución dos orzamentos culturais cara ao próximo ano.

Unha tradución desta medida será a adquisición por parte das bibliotecas galegas de exemplares de cada un dos libros que se publica, «entre un 10 é un 15% da tiraxe», apunta Henrique Alvarellos, o que supón uns 150 libros. «Pero cando se acaban os cartos acábanse as compras», indica Freixanes. Así que este é outro motivo de incerteza.