«Nesta autora crin dende o día que publicou a primeira liña», dixo Méndez Ferrín sobre a gañadora

La Voz

CULTURA

O presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, loou a figura da gañadora An Alfaya nada máis tomar o seu turno de palabra. «Nela crin dende o primeiro día que publicou a primeira liña nos medios de comunicación ou nun libro», sinalou o escritor. «Hai que felicitar a este xornal e ao Ámbito Cultural de El Corte Inglés por recuperar o famoso folletín ou folletón, cos que coñecemos historias de moitos xéneros ?indicou Méndez Ferrín?; lamentablemente hoxe ese espazo ocúpano a televisión e os videoxogos». «Recuperar a novela por entregas é unha idea fantástica», engadiu o presidente de RAG, quen desexou que «siga moitos anos porque é un éxito a aplaudir».

Méndez Ferrín vaticinou que o texto enganchará aos lectores de La Voz nos exemplares do vindeiro mes. «Espero que disfrutedes este agosto coas letras de An Alfaya», dixo despois de loar á finalista. «Estou seguro de que a finalista reúne condicións para un premio excepcional», indicou o presidente da Academia.