pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

Literatura Iolanda Zúñiga gaña o Xerais cunha novela ambientada nas favelas

Teresa González Costa fíxose co premio Merlín cun texto de aventura e «algo de investigación»

Autor:
Camilo Franco
Localidad:
Illa de San simón/la voz
Fecha de publicación:

Os premios Xerais e Merlín, fallados onte na Illa de San Simón, na ría de Vigo, volveron a confirmar o crecente protagonismo feminino na narrativa galega. Dúas autoras que se presentaban por primeira vez a un premio de narrativa foron sinaladas como gañadoras. Iolanda Zúñiga gañou o Xerais de Novela por Periferia , e Teresa González Costa fíxose coa vixésimo quinta edición do Merlín por A filla do ladrón de bicicletas.

Periferia

(que debería ser pronunciado Perifería como sucede no portugués) é a novela gañadora do Xerais. Transcorre nunha favela de São Paulo, en Brasil, e segundo Zúñiga é unha historia contada a ritmo de rap na que, di, «non utilizo puntos e a parte» e esa influencia do musical vai máis alá das formas. Segundo a gañadora, «a música foi unha maneira de aproximarse ao Brasil dende hai moitos anos e nesta maneira de escribir tamén influíu o rap que se fai alá. Tamén está África como orixe de todo».

Teresa González Costa é nova para a narrativa, pero non para o teatro, no que xa gañou premios como o Álvaro Cunqueiro, coa obra Sempre quixen bailar un tango, recén estreada por Galileo, ou o premio Manuel María para textos escénicos infantís. A filla do ladrón de bicicletas é un texto de aventuras cunha rapaza e unha bicicleta que ten nome particular, Celerífera, como protagonistas. Entre os argumentos desta novela para cativos hai tamén algúns elementos de intriga e a súa autora prefire non desvelar a trama máis alá desa intención da protagonista de chegar a cumprir os seus desexos.

No acto de entrega, o director de Xerais, Manuel Bragado, recordou as crises que está padecendo o sector editorial no seu conxunto, pero sinalou a renovación narrativa e autoral en Galicia. Fina Casalderrey, como mantedora, lembrou a necesidade de «manter vivo o galego en cada recuncho do planeta no que nos atopemos».

 

ENVIAR NOTICIA  

Literatura Iolanda Zúñiga gaña o Xerais cunha novela ambientada nas favelas

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
Iolanda Zúñiga gaña o Xerais cunha novela ambientada nas favelas
Teresa González e Iolanda Zúñiga presentábanse por primeira vez aos respectivos concursos literarios

Relacionados de la noticia

 
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.