pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

interpretación O galego Alberte Montes estrea en Barcelona a función «Estrella-dos»

Segundo afirma o presentador Andreu Buenafuente, trátase do «espectáculo cómico do ano»

Autor:
Celtia Traviesas
Fecha de publicación:

Alberte naceu hai 23 anos no Barco de Valdeorras e chegou a Barcelona con 5 anos por imperativo paterno. «Nin miña nai, nin meu irmán, nin eu queriamos vir. Pero era 1992 e noso pai pasou de nós olimpicamente», explica este actor de 23 anos que acaba de estrear na Cidade Condal Estrella-dos, «o espectáculo cómico do ano... segundo me din aquí que teño que dicir, porque eu non o vin», aseguraba a voz en off de Andreu Buenafuente, que se aprestou a colaborar na obra. Nela, Alberte e Oli (que estudaron interpretación xuntos) contan as desventuras e soños duns aspirantes a actores capaces de interpretar a cor verde para superar un exame de acceso e que, máis que amor á arte, teñen ganas de ligar (por dicilo dun xeito máis sutil do que o din eles riba do escenario).

Alberte tamén é director do programa de radio Aturuxos: bóla extra, da emisora municipal da Cidade Vella de Barcelona. Un programa en galego-catalán que xa leva 14 anos nas ondas. «Eu levo oito, case son coma Gabilondo», sinala. Culpa de que Alberte se convertese en actor tena seu irmán Xosé Manuel -o «Hermanager»-, que o levaba actuar por aí dende pequeniño. Agora xa leva seis meses de éxito ininterrompido facendo un monólogo no teatro Llantiol do Raval barcelonés. «Ata xaneiro o espectáculo chamábase Humor y Jazz, logo quedei só e púxenlle Humor y Ya. A inspiración para idear os seus monólogos teatralizados e histriónicos sácaa «dos pais e dos veráns na aldea», pero non fai un humor «de boina enroscada», como el di; nin un uso explícito do carácter galego á hora de amosarse perante do público catalán. «Aquí hai unha idiosincrasia distinta, os chistes de ligar nunha discoteca funcionan en todos os sitios, pero a imaxe da avoa que che bota comida no prato e che está: come!, come!, iso só o podes usar en Galicia».

Triunfar na terra é un dos seus obxectivos inmediatos, xa cumprido en parte porque cada ano fai unha pequena xira de monólogos por Galicia.

Este ano, ata se autopropuxo en Quiroga como pregoeiro da Feira do Viño. «Houbo un grupo de apoio no Facebook e todo, pero acabaron chamando a Jimmy Giménez-Arnau», chancea. Ten feito media ducia de curtametraxes e o cine é un dos seus grandes soños porque, malia que asume e lle gusta a etiqueta de cómico, Alberte Montes considérase «un actor completo en proceso de formación». «Podo facer rir pero tamén podo facer chorar», advirte.

Hai uns meses apareceu no programa Salvados, da Sexta, facéndolle un broma a Serrat e de seguido se correu a voz de que era colaborador do Follonero. «Encantaríame entrar no mundo da tele, pero aquilo só foi unha colaboración puntual», di con humildade. O que el non sabe é que Andreu Buenafuente -cando por fin foi ver «o espectáculo cómico do ano»- declarou á La Voz de Galicia que o chaval ten futuro, «Alberte é moi pallaso, tanto el como Oli -que forma parte do equipo do seu programa- teñen moito futuro. Gústame a xente que curra, que se curte e ten rodaxe, que traballa». E niso está precisamente a nova promesa da interpretación galega.

 

ENVIAR NOTICIA  

interpretación O galego Alberte Montes estrea en Barcelona a función «Estrella-dos»

Segundo afirma o presentador Andreu Buenafuente, trátase do «espectáculo cómico do ano»

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
O galego Alberte Montes estrea en Barcelona a función «Estrella-dos»
Este ourensán leva dezaoito anos en Barcelona, oito deles dirixindo un programa nunha radio municipal
 
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.