Docentes galegos coñecen as vantaxes do acordo ortográfico do portugués

CULTURA

25 abr 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

As vantaxes culturais, económicas e políticas do novo acordo ortográfico foron expostas a docentes galegos que ensinan portugués nun encontro organizado polo Instituto Camões, en Teo.

O director do Jornal de Letras de Lisboa , José Carlos de Vasconcelos, salientou a recente Conferência Internacional sobre o Futuro da Língua Portuguesa no Sistema Mundial, de Brasilia, onde se viu interese en internacionalizar o idioma. O Acordo, afirmou, facilitará que sexa lingua oficial da ONU. Salientou como na Arxentina «máis persoas aprenden portugués que inglés».

Brasil, Portugal, Santo Tomé e Príncipe e Cabo Verde aprobaron o acordo, que utilizan varios medios de comunicación en cada un deses países. Samuel Rego, do Instituto Camões, indicou o obxectivo de que «a sociedade galega vexa como un grupo organizado» o profesorado de portugués, e que actúe como colectivo.