A exposición coincidirá coa apertura dunha sala monográfica dentro da colección de debuxos e gravados de artistas galegos que vai ser exposta de forma permanente, segundo anunciou a directora, Aurelia Balseiro. A obra de Castelao existente no museo lucense inclúe 25 debuxos e gravados, así como unha acuarela e dous óleos que se poderán ver desde mañá na antesala da exposición temporal, dado que probablemente corresponden á etapa anterior á do exilio.
Con respecto á programación complementaria, están previstas visitas técnicas guiadas por Felipe Senén e García Negro. Tamén haberá un concerto en maio e a proxección de Miss Ledya , rodada en 1916 por José Gil, con Castelao como actor. Para xuño, está programado un coloquio coa participación de especialistas na obra do homenaxeado, en tanto que para estudantes de 6 a 13 anos funcionará un obradoiro de caricaturas.
Punto de lectura
Xunto ás salas estará instalado un punto de lectura no que se poderán consultar con detalle publicacións de Castelao ou relacionadas con el e que non se expoñen.
Mañá a inauguración será ás oito da tarde e dende esta semana están previstas visitas guiadas todos os sábados para grupos e públicos diversos, sen inscrición previa. Tamén haberá un programa específico de visitas concertadas para os centros de ensino.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios