pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

muestra O Museo de Lugo inaugura a maior exposición sobre Castelao

Presenta gravados, pinturas, caricaturas, textos literarios e de carácter político, vídeos e obxectos persoais

A mostra abarca a etapa do exilio e recolle todas as facetas «do galego máis importante do século XX»

Autor:
Benigno Lázare
Fecha de publicación:

Castelao: A derradeira lección do mestre

é a exposición que se inaugurará mañá e coa que o Museo Provincial de Lugo pretende render a maior homenaxe «ao galego máis importante do século XX», segundo coincidiron en afirmar onte un dos comisarios, Felipe Senén, e Antón Bao, vicepresidente da Deputación, na presentación da mostra. Abarca a etapa final da vida do artista, escritor e político, a do exilio, dende 1936 ata 1950, e poderase ver ata o 10 de xullo.

Ocupa tres salas do museo e inclúe unha programación complementaria moi variada, parte dela dedicada aos estudantes. Os comisarios, Senén e Pilar García Negro, reuniron ducias de gravados, cadros e outras obras de arte, así como multitude de documentos, manuscritos, obxectos persoais e pezas que, pese ao seu número, constitúen unha parte mínima das preto de 4.000 que ten catalogado Miguel Anxo Seixas, segundo destacou Felipe Senén.

A selección feita pretende reflectir o compendio de actividades que desenvolveu, tanto na faceta de debuxante, pintor, caricaturista, ilustrador, xornalista, escritor, pensador como na de político nacionalista. Para iso contaron coa colaboración de preto de vinte institucións e case outros tantos coleccionistas particulares, ademais dos participantes na montaxe.

O obxectivo da mostra é facerlle xustiza «e conxurar unha perniciosa parsimonia, non casual, a que nos leva a demorar de máis no coñecemento da nosa historia e, por tanto, a ignorármonos nós mesmos», dixo o comisario que asistiu á presentación. Referiuse ao paradoxo de que no período que Castelao permaneceu sen poder poñer o pé fisicamente na súa terra, nunca estivo tanto nela.

A mostra, que coincide co ano do 60.º aniversario do pasamento de Rodríguez Castelao, ocupa tres salas do museo lucense. Unha delas está dedicada a proxeccións audiovisuais, na que se mostrarán constantemente imaxes relacionadas con el e gravacións coa súa voz.

ENVIAR NOTICIA  

muestra O Museo de Lugo inaugura a maior exposición sobre Castelao

Presenta gravados, pinturas, caricaturas, textos literarios e de carácter político, vídeos e obxectos persoais

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 
ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
GRAVADOS E PINTURAS. Entre o material que se poderá ver no Museo Provincial de Lugo figuran as máis coñecidas coleccións de gravados de Castelao, así como óleos que mostran a súa evolución artística

Relacionados de la noticia

Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.