pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

mercedes peón | Cantante e compositora «Vou a Vigo, á casiña, a amosarme tal como son»

Autor:
B.?R. Sotelino
Fecha de publicación:

Mercedes Peón é unha das artistas máis completas e interesantes de Galicia e a única que até o de agora foi quen de modernizar o son de raíz galega sen convertelo nunha mestura feble. A artista comparte hoxe escenario en Vigo (21 horas, no Centro Cultural Caixanova) co ourensán Emilio Rúa, dentro do ciclo Xacobeo Raíces .

-¿Cal é a proposta deste espectáculo no que comparte escenario con outro artista?

-Non hai conexión porque non hai unha proposta conceptual. Eu vou amosar un Sihá (o meu último disco) maduro, efémero, cunha banda nova e enerxética. Para quen non coñece este directo recoméndolle que se achegue ata Vigo. Será un momento único e irrepetible.

-Seica está en pleno proceso de creación dun novo álbum. ¿Cústalle moito desconectar del ou pola contra volver a traballos anteriores e enfrontarse co público é un alivio?

-A verdade é que levo uns doce meses combinando a composición, produción e investigación sonora coa nova banda, con concertos en festivais superenerxéticos, ao tempo que teño unha performance para contextos alternativos onde de súpeto estou nunha sala de arte contemporáneo totalmente soa, enfrontada a un público eslavo (Eslovenia ou Croacia) que pagou a súa entrada para ver unha proposta persoal e moi conceptual. Resumindo, que vou a Vigo, á casiña, a amosarme tal como son, con todo o meu agarimo, e acompañada de grandes músicos que casualmente, ou non, son do sur: Fernando Abreu, Leandro Deltelle, Miguel Forneiro, Ana García, Manuel Alonso e Manuel Cebrián.

-¿Algunha pista sobre o seu cuarto disco?

-Téñoo practicamente rematado. A verdade é que este traballo está feito na máis estrita soidade. En canto ao son, cada vez resúltame máis difícil traballar con sons estándar. As composicións tomaron un camiño electroacústico, conceptual. Hai unha filosofía e unha busca polirrítmica que en moitos temas despraza a melodía a un segundo ou terceiro plano. É un disco viaxe. Como se non houbese tempo nin distancias, presente, pasado e futuro mesturado na miña propia existencia, véndome reflectida nas demais e volvendo á crúa realidade do momento histórico da nosa terra. Soa pretensioso, pero non sei como explicalo mellor.

-¿Despois de nomes tan potentes para os discos anteriores como «Ajrú» ou «Sihá», como vai superalos?

-Estame resultando misión imposible. Teño un nome que vai na liña dos anteriores, e outro máis directo. Aínda teño tempo. A ver se acontece algo extraordinario como cos anteriores.

-Teño entendido que se deita moi, moi cedo. ¿É por ir ao ritmo da natureza que a rodea?

-É posible. Vivo en Oza dos Ríos, na cima dun val, todo Oza de abaixo déitase cedo, van ao seu ritmo, os meus curmáns teñen vacas, andan levándoas a pacer aos prados, e eu érgome, almorzo fóra, acendo o ordenador e póñome a compoñer. Coma un híbrido que sabe de onde vén.

 

ENVIAR NOTICIA  

mercedes peón | Cantante e compositora «Vou a Vigo, á casiña, a amosarme tal como son»

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
«Vou a Vigo, á casiña, a amosarme tal como son»
Mercedes Peón está a piques de rematar o seu novo disco
 
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E