O Certame de Cartas de Amor en galego chega este ano á súa décima primeira edición

La Voz

FERROL CIUDAD

O Certame de Cartas de Amor de Radiofusión chega á súa décima primeira edición cunha nova convocatoria aberta a todas as persoas capaces de escribir unha declaración de amor creativa.

As persoas interesadas en participar deberán enviar antes do día unha declaración de amor, en prosa ou en verso, redactada en lingua galega e que non exceda dun folio mecanografado a dobre espazo a Radiofusión (Casa do Concello. 15500. Fene, A Coruña) ou ao correo electrónico direccion@radiofusion.eu . Tamén se admiten cartas redactadas a man que sexan intelixibles. O premio será unha cea romántica para dúas persoas e a estancia dunha noite no Parador de Ferrol.