De axudante de proxección en Vigo a facelo todo nunha das últimas salas de cine fóra das cidades
CULTURA
11 ene 2010 . Actualizado a las 02:00 h.
Ernesto Romero é o derradeiro namorado do oficio. Empezou como axudante de proxección en 1966, no Principal de Leiro, e botou 10 anos proxectando para a cadea Fraga no García Barbón, en Vigo. En 1983 abre o Novocine, sala de proxección no baixo e vivenda no primeiro andar, e el encárgase de todo -limpar, vender entradas, proxectar, etcétera-, aínda que o seu irmán o axuda cando pode. En Leiro, 1.793 veciños no último censo, disfrutan de películas en 3D nun cine que conta cunha colección de más de 100 gramófonos, discos e material cinematográfico.