pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:pastilla_superior:sec.ociohome
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

cine O dono do cine de Leiro hipoteca a súa casa para incorporar o 3D

O Novocine será o primeiro do rural galego e de toda a provincia de Ourense en realizar estas proxeccións

Nunha localidade con arredor de 1.800 habitantes a sala conta co máis moderno en sistemas de proxección

Autor:
Xosé Manoel Rodríguez
Fecha de publicación:

Se hai algo que ninguén lle pode discutir a Ernesto Romero García, propietario do Novocine de Leiro, é a súa paixón polo audiovisual e o seu amor polo cine. Tanto que ata se podería apostar que se lle fan unha radiografía sae un fundido a branco en lugar de ósos. E Ernesto Romero, o do cine de Leiro , non podía menos que facer boa a súa xusta e ben gañada fama de romántico que loita contra a lóxica, as estatísticas e o sistema, aínda que el prefire fuxir do protagonismo e explicar as cousas cunha sinxeleza insultante: «É que non quería morrer sen poder velo no meu cine».

O que quería «ver» no Novocine non era outra cousa que o sistema 3D, de tal xeito que dende hai cousa dun mes Leiro é o primeiro lugar da provincia de Ourense, e un dos poucos de Galicia, onde se pode disfrutar de películas en 3D. Unha circunstancia que non se da na capital da provincia, xa que os Cines Box (con oito pantallas no centro comercial Ponte Vella) aínda carecen deste novo formato.

Con esta pequena revolución nun dos escasos pobos de Galicia que aínda mantén aberto un cine -Ribadavia e O Carballiño están a 10 quilómetros de Leiro e hai anos que non contan con pantallas estables-, pasa a ser unha alternativa real para ver a oferta cinematográfica máis recente. Esta fin de semana Ernesto Romero proxectou no Novocine, que ten un aforo de 144 butacas, Luna nueva e nesta semana comezan as proxeccións de Avatar.

O dono do Novocine recoñece que a clientela aumenta, «porque accedes a uns títulos máis recentes e a estreas ao mesmo tempo que o fan as cidades, cando antes tiñas que agardar semanas ou un par de meses para poder pasalos. Neste último mes pasei 2012, Lluvia de albóndigas ou Cuento de Navidad e hai moita xente que vén para ver as películas coas gafas, aínda que non sexan en 3D senón en dixital».

Cinéfilo, mais non nostálxico, Ernesto Romero non alberga dúbidas teóricas: «O dixital dáche unha calidade que non acadas cos 35 milímetros, que pode ser superior nunha estrea pero que conforme empeza a pasarse acumula pó e vai perdendo calidade».

Non lle daban os cartos

Ernesto Romero non o tivo fácil. Os bancos rexeitábanlle o préstamo para instalar o 3D pola súa idade e tivo que avalalo o seu irmán. Pero tamén tivo que poñer como respaldo a casa, que é a vivenda familiar e cine.

El confía nas súas posibilidades, como leva facendo dende que en 1983 abriu o Novocine, e mira o futuro con optimismo: «Ao acceder a estreas sempre podes captar máis clientela que ata o de agora, e supoño que será máis doado pagar o crédito. Se a cousa non sae ben pois quedareime sen a casa».

 

ENVIAR NOTICIA  

cine O dono do cine de Leiro hipoteca a súa casa para incorporar o 3D

O Novocine será o primeiro do rural galego e de toda a provincia de Ourense en realizar estas proxeccións

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
O dono do cine de Leiro hipoteca a súa casa para incorporar o 3D
Ernesto Romero coas gafas de 3D que permitirán ver «Avatar» a fin de semana próxima en Leiro
Autor de la imagen: | SANTI M. AMIL

Relacionados de la noticia

 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.ociohome
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD:17:sec.ociohome
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.ociohome
LVDG_PUBLICIDAD:11:sec.ociohome
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.