Unha empresa de mudanzas traslada o material ao Seminario de Sargadelos, no que el ten a maioría
06 ene 2010 . Actualizado a las 02:20 h.Isaac Díaz Pardo non se rende nin o dá todo por perdido, pero a inminente celebración o luns ás seis da tarde en primeira convocatoria e o martes en segunda, da asamblea xeral de accionistas do Instituto Galego da Información (IGI) convocada por orden dun xuiz mercantil para modificar a composición do Consello de Administración, o aínda presidente desta empresa cultural decidiu desaloxar o emblemático edificio situado ás aforas de Compostela, en San Marcos.
O sector que se fixo co poder e a dirección do Grupo Sargadelos conta co 75 % das accións, e recurreu á vía xudicial despois de que os socios que apoian a Díaz Pardo impediran a votación, alegando defecto de forma, para destituilo na anterior asamblea, hai dous anos.
O creador e intelectual galeguista recúperase estes días dunha operación que lle practicaron o pasado 17 de decembro. Con todo e así, mantén intacta a súa capacidade para dirixir con serenidade o operativo despregado por el mesmo para trasladar os miles e miles de libros e de documentación que atesourou e custodiou durante máis de vinte anos no IGI, corazón de boa parte do deseño e da xestión cultural das cerámicas de Sargadelos e do Castro. Asegeura que está moi tranqueilo, «porque non teño nada que ocultar, e non me poden reclamar nada. Só lamento que acaben con aquilo polo que tanto loitou e traballou Luís Seoane».
A empresa de mudanzas Boquete leva días embalando unha parte sustancial da memoria histórica do país, porque Díaz Pardo é o depositario e custodio da documentación do Consello de Galicia no exilio, ademais da súa biblioteca e documentación persoal, e outras donadas, fotografías, cadros e obras súas. As mil caixas de cartón previstas para esta singular mudanza parece que non lles van chegar. Onte pola noite quedou case completo o segundo forgón que trasladará o 95 % destes fondos bibliográficos ao Seminario de Sargadelos, en Cervo (Lugo) no que o empresario e activista cultural conserva a maioría, e o resto á súa casa familar en O Castro (Sada).
Querella contra seis directivos
Isaac Díaz Pardo explicaba onte que o luns vai ser un día «intenso», e non só pola celebración da asamblea, convocada a través dun anuncio na prensa. O mesmo día, o intelectual ten que comparecer a primeira hora de maña no xulgado de Viveiro (Lugo) como autor da querella contra seis membros do Consello de Administración de Sargaleos, que están citadios a declarar: os irmáns Ángel e José Luis Vázquez Freire, Ángel Vázquez Mosquera, José Luis Vázquez Montero, Santiago Sineiro e Javier Remeseiro. Esta comparecencia prodúcese tres anos despois de que Isaac Díaz pardo presentara a querella con as seis persoas citadas «pola forma en que fun apartado do grupo de empresas». Explica que para que fora admitida a trámite «tivemos que recurrir ao Consello do Poder Xudicial, a Madrid, para que investigara qué pasaba no xulgado de Viveiro, tanto coa querella presentada no 2006 como cunha ampliación no 2009, que estaban paradas sen explicación».
Díaz Pardo foi apartado hai catro anos da presidencia das empresas Sargadelos, das que foi, xunto con Luís Seoane, o impulsor e principal fundador co obxectivo expreso de recuperar a memoria histórica, algo que ahora el lembra dicindo que aquel propósito «deu lugar, por fin, á aprobación dunha Lei pola que traballamos e loitamos tanto».
O sector dos socios que se fixo co 75% do accionariado está lideradao polo abogado, e durante trinta anos man dereita de Díaz Pardo e admistrador de Sargadelos, Santiago Sineiro, a familia Vázquez Freire, xunto co empresario de Ribadeo Segismundo García.