Dous dramaturgos encantados de traballar, aínda que sexa por encarga

La Voz

CULTURA

Ser dramaturgo quere dicir que non todo o que sucede nunha historia tal como se conta nun escenario depende do autor. En calquera caso, eles están a favor dos encargos porque é un medio de ir cobrando, pero tamén de asumir outras olladas.

M.?L. A min encántame que me fagan encargas. Pero é que non me fan bastantes. Hai aínda ben autoencarga, cousas que se necesitan para exercicios, por exemplo en CasaHamlet. Pero logo depende da encomenda. Algunhas cousas si que me custaron, como unha encarga que me fixo Xulio Lago sobre un texto de Heine Müller. Foi algo terrible. Logo pediume que estivera nos ensaios e aí dixen que non. Chamou a Rei Ballesteros, pero creo que se nota moito o cambio de estilo dun para outro. Que che encarguen unha obra propia si que é un premio.

R.?R. Os encargos son marabillosos para min porque teño tendencia a escribir por pasta, como calquera artesán. O problema é que o que paga non dá tempo a que quede como é debido, polo menos a min. Sempre teño a sensación de entregar o traballo a medias. Ademais agora está ben dicir o da pasta, cando a xente se manifesta on-line e aplica aos autores unha xenerosidade que se cadra non temos e que eu, dende logo, non teño, así en xeral, co que escribo. Os agasallos (ou os castigos) fágoos eu porque quero e cando quero.