Vantaxes e desvantaxes de ter unha colección de fondos

La Voz

CULTURA

Coinciden Iñaki Martínez Antelo e Miguel von Haffe en que ter unha colección ten para os centros algunhas vantaxes e desvantaxes, pero asumen que en, moitos sentidos, configuran unha parte da identidade da institución.

I. M. Non ter unha colección permite un campo de operacións moito máis amplo porque non hai ese condicionante de ter un punto de partida ou de ter que responder a un criterio marcado pola colección. Quizais permite traballar con moita máis liberdade ou manter unha liña máis heterodoxa. Pero tamén depende do proxecto que se teña. En calquera caso e estando moi a gusto como estou tamén me gustaría ter unha colección.

M.?V.?H. Unha colección pode marcar o carácter dun museo e pode condicionar a súa situación porque non hai que esquecer que un centro que ten colección ten unhas obrigas de conservación e tamén unha obriga de dala a coñecer. Unha colección é tamén un valor e polo tanto debe ter un criterio de formación e de crecemento coherente. Un centro deber sacar partido da súa colección porque se non tampouco tería sentido tela.