10 nov 2009 . Actualizado a las 02:00 h.
A Esmorga
protagonizará ata finais de ano un programa de lecer e cultural orquestrado pola práctica maioría de agrupacións culturais de Ourense con motivo do 50 aniversario da novela. Un dos produtos estrela desta programación é a edición dun libro que estará acompañado dun deuvedé e un cedé. A parte editorial incluirá un xogo de rol, unha adaptación en cómic, un estudo sociolóxico no que se compara o Ourense que inspirou a novela de Blanco Amor co actual ou textos que recollen o traballo fotográfico do escritor ourensán ao longo de moitas décadas.