Martínez e Rábade falan dalgunhas das peculiaridades que ten ser músicos de jazz e algunhas delas entran directamente en territorios da mística.
P. Vós decides que un músico de jazz pode tocar calquera música, pero non todos os músicos poden tocar jazz.
A.?R. Iso tamén. Hai xente que nos mira con certa prevención porque tocamos outras músicas e quizais non nos parezan demasiado difíciles. Pero non é unha cuestión persoal, isto procede da música. Se fas un repaso histórico do jazz e ves como evolucionou dáste conta de que sempre foi do mesmo xeito: foise establecendo un nivel de esixencia, fóronse ampliando os límites de maneira que nunca se sabía como Parker, Davis ou Coltrane podían ir facendo aquelas cousas que parecían imposibles. Quen estuda jazz ten que pasar por todos eses estadios e ir asumindo esas esixencias. Ten que veneralo en certa medida e, no fondo, acabamos tendo un culto relixioso pola nosa música. Non debemos deixarnos cegar polo culto e quedar de imitadores dunha época pasada. Hai un concepto do jazz que me encanta e que di que o jazz é a continuación da tradición.
X.?M. Eu entendo o que di Abe por máis que sexamos ateos e mesmo eu son apóstata. Claro, se entendes que hai tantas cousas que debe facer un músico de jazz, tantas cousas que ten que saber musical, técnica e mesmo humanamente, para non tolear quizais teñas que remitirte a esa explicación case relixiosa.
A.?R. Igual é un pouco mística de máis.
X.?M. Eu vexo máis como que o músico de jazz é unha canle na que van desembocando moitas cousas, que ten que asumir todo o que sucedeu no pasado e que ten que estar disposto a continualo na medida das súas posibilidades.
P. Para chegar a ese grao de perfección ¿cales son os sacrificios?
A.?R. Ningún. Aínda que o símil relixioso non ten que ver connosco, creo que poden entenderse así. Se estás tan a favor do que fas non concibes que o que teñas que facer sexa un sacrificio.
X.?M. Ten que ver simplemente con facer as cousas que che gustan. Non é un sacrificio e dáche unha capacidade de acción grande e tamén unha sensación física de benestar.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios