pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:pastilla_superior:sec.ociohome
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

ENCONTROS | Abe Rábade e Xacobe Martínez Ateos con grandísima fe no jazz

Abe Rábade e Xacobe Martínez defenden a militancia «case relixiosa» nunha música que esixe máis «capacidade harmónica, técnica e creativa» que outras

Autor:
Camilo Franco
Fecha de publicación:

Se se pode explicar o jazz entón quizais non sexa jazz. Para dous dos practicantes máis asiduos desta música en Galicia, Abe Rábade e Xacobe Martínez, bascula entre dúas dimensións difíciles de conxuntar en ocasións: espírito e oficio. Polo medio ten que haber, segundo coinciden, unha disposición que non pode ser só musical a que todo se reinvente en cada momento. A descarga como improvisación todo o que se sabe.

Pregunta. ¿Levades algún tempo sen tocar xuntos?

Xacobe Martínez. Nalgunha jam temos tocado xuntos, pero ultimamente non leva cadrado.

Abe Rábade. Non temos traballado en ningún proxecto.

X.??M. Eu creo que non leva coincidido porque el non me chamou para as súas cousas nin eu a el para as miñas, pero é máis por casualidade, porque hai músicos cos que eu non tocaría, pero con Abe tocaría o que fixera falta. Pero tocamos xuntos cando eramos cativos.

P. ¿Como é iso?

A.?R. Era un combo de rapaces que tiñamos cando estabamos no Estudio Escola de Música, chamábase Tate Quieto.

X.?M. Facíamos cousas bastante difíciles porque xa tocabamos Blue Monk ou Central Park e lembro chegar un día cos papeis para tocar Birdland.

A.?R. Da Weather Report...

X.?M. Porque eu andaba daquela co baixo eléctrico e quería ser como Jaco Pastorius, porque eu me preguntaba como se podían facer aqueles sons cun baixo. Eu quería facer aquilo exactamente.

P. ¿Pero que anos tiñades?

X.?M. Eu andaba polos trece.

A.?R. Tería doce ou así, pero no Estudio debín empezar con nove.

X.?M. Hai unha cousa moi curiosa que sucedeu en Galicia cos músicos. É que cando calquera músico quería poñerse a tocar en serio, a ir a máis, pasaba polo jazz. De calquera xénero que viñera. Neste sentido o traballo que fixo Estudio aquí foi moi importante porque era onde podías aprender dun xeito distinto.

A.?R. Igual agora xa non é tanto así, pero Estudio funcionou durante moito tempo como referente do que poderiamos chamar entre aspas música moderna...

X.?M. SI, todo o que non fose tradicional ou clásica.

A.?R. Pasou xente do folk ou xente da clásica que quería improvisar un pouco. Creo que o traballo que fixo Suso Atanes foi moi importante nese sentido.

X.?M. Aprender harmonía moderna, por exemplo.

A.?R. Aprender calquera cousa que se apartara do monotema que é a educación musical ata o día de hoxe.

P. ¿Hai queixas sobre a educación do jazz?

A.?R. Abríronse moitos cauces e máis posibilidades para a xente que queira estudar un estilo musical. Pero especificamente no terreo do jazz a maneira como se fixeron as cousas foron de todo menos boas. A maneira en que se oficializaron os estudos. Son cousas que a xente que as fixo ten que aprender para facelas doutro xeito. Hai cousas que non terían que ter pasado, pero eu espero que nos libremos dese cancro pronto.

X.?M. Eu creo que é un cancro fodido porque estamos falando da implantación do grao superior de jazz na Coruña. Cando acabei a carreira e quixen poñerme máis en serio coa música pois tiven que estudar con xente que viña de fóra como Paco Charlín ou como Abe porque tiñan material de primeira man. Agora os músicos máis novos de aquí están estudando en Berkeley, en Nova York, en Donostia ou en Barcelona, quero dicir que teñen moitas máis posibilidades. Quero dicir claramente que os músicos de hoxe non estudan en Coruña.

A.?R. Non deixa de ser unha pena porque poderían.

P. De todos os xeitos parece que no jazz xogou moito o autodidactismo.

A.?R. O jazz máis que un xénero é un concepto e creo que un músico sempre ten que facelo seu, sempre ter que aspirar a soar de maneira particular, diferente. Non sei se chamarlle autodidactismo, pero ten que haber un proceso de asimilación da música brutal.

X.?M. O proceso de aprendizaxe dun músico de jazz é completamente diferente ao de calquera outro músico porque tamén parte do punto de que ten que ser o músico máis completo. Non se trata de facer comparacións, pero a nivel rítmico, harmónico, de creatividade ou de discurso, a nivel técnico, un solista de jazz ten unha esixencia moito máis grande. Tes que ser capaz de responder a esa esixencia ou facer outra música. Por iso na aprendizaxe non están só as cousas técnicas, contan tamén os asuntos vitais ou os culturais.

 

ENVIAR NOTICIA  

ENCONTROS | Abe Rábade e Xacobe Martínez Ateos con grandísima fe no jazz

Abe Rábade e Xacobe Martínez defenden a militancia «case relixiosa» nunha música que esixe máis «capacidade harmónica, técnica e creativa» que outras

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
Ateos con grandísima fe no jazz
Abe Rábade e Xacobe Martínez son dous dos principais representantes da dinámica escena de jazz que se está a desenvolver en Galicia
Autor de la imagen: | SANDRA ALONSO

Relacionados de la noticia

 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.ociohome
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD:17:sec.ociohome
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.ociohome
LVDG_PUBLICIDAD:11:sec.ociohome
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.