pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:pastilla_superior:sec.ociohome
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

encontros A literatura galega segue estando «connotada» no seu propio país

Os dous escritores debaten sobre a dependencia da lingua e sobre a necesidade de pensar nos receptores

Autor:
Camilo Franco
Fecha de publicación:

Poden presumir de preocuparse polos lectores. Separados no xeracional e coincidentes no oficio, Inma López Silva e Agustín Fernández Paz expoñen experiencias diverxentes e conclusións similares. Algunhas levadas directamente pola actualidade. Os dous coinciden, isto si, en que o acto de escribir é soberano e non debe estar condicionado. Pero de portas afora hai moitas cousas das que falar.

A primeira delas é o difícil que resulta falar de literatura galega e non falar das circunstancias máis recentes do idioma. Para Fernández Paz «ser escritor galego ten unha connotación que só funciona aquí». Matiza o escritor que cando fala fóra de Galicia «ninguén ten en conta a lingua que utilizo, só ocorre aquí e mesmo ocorre aínda que o escritor non queira». «Estamos socialmente connotados», remata o autor de Cartas de inverno. Inma López Silva subliña esa dimensión social que condiciona só «a visibilidade do autor». Sinala a escritora que para a súa xeración «o debate político da lingua trasladado á obra xa estaba morto e, de feito, para quen comezou a escribir polos primeiros noventa esa circunstancia estaba superada». Os dous escritores coinciden en que cando se sentan a escribir non están presentes esas preocupacións e, como detalla Fernández Paz, «estamos no centro do mundo porque a nosa mesa é, no momento de escribir, o centro do mundo».

Hai unha distancia xeracional que Fernández Paz explica advertindo que para os do seu tempo «o debate da lingua pesou sempre moito», pero de seguido explica que como escritores «temos a obriga de liberarnos desas cousas se pesan á hora de escribir historias». Silva sinala que na altura que comezou a escribir «dábase por suposto que sería en galego, que eramos galegos e non facía falla volver sobre un debate xa superado».

Para matizar máis, Fernández Paz apunta que pode haber dúas obrigas de quen escribe: «Unha é consigo mesmo, co que quere facer e como quere facelo; a outra é cos lectores».

Introduce o escritor un debate que, como o da lingua, nunca se esgota en relación cos autores. Pero o punto de partida para López Silva e Fernández Paz é o mesmo: «Sería parvo dicir que escribimos e non buscamos lectores». A novelista apunta máis directamente asegurando que se non «quixera ter lectores non escribiría porque escribir e deixar as cousas nun caixón non me parece un bo plan».

Coinciden tamén en sinalar que os escritores deben aspirar a ter lectores e deben cooperar para buscalos, aínda que sinalan que non ten por que ser exactamente no momento de escribir. Paz apunta que ter lectores non está rifado coas aspiracións artísticas nin está ligado a un empobrecemento do rexistro, pero admite que cando «os lectores non son plenamente competentes no idioma que len, fánselle máis difíciles determinadas obras».

Marcar as marxes dos territorios que cada escritor quere ter é un asunto que tamén teñen claro os dous autores, aínda que cada un nun sentido diferente. Para Inma López Silva os límites «son os mesmos que eu podo ter como lectora, de feito non escribo cousas que eu mesma non gustaría de ler; pero este é un campo ben grande porque escribín Concubinas e non moita xente pasou da páxina 20 e escribín Memoria de cidades sen luz que é máis fácil de ler». A escritora apunta a que o escritor debe estar satisfeito consigo mesmo, pero non debe desbotar a existencia dos lectores, «aínda que non se trata tanto de contentalos como de pensar que escribimos sabendo que todos queremos ter o maior número de lectores posibles».

Para Agustín Fernández Paz quizais a situación dun escritor dedicado á literatura xuvenil é algo diferente. Primeiro apunta a que «non hai temas que non se podan tratar cando falamos de literatura xuvenil, non é un problema de argumentos ou de historias que non sexan recomendables». Paz sinala que o xénero é, en realidade, «unha cuestión de maneiras de contar». O novelista apunta que hai dous estadios diferentes cando afronta unha obra para xoves. O primeiro é «a escrita, e neste caso é como se fose unha primeira fonte: escribo libremente tirando para diante, avanzando na historia e sen pararme a pensar tanto nos lectores posibles». A segunda fase é «corrixir, e cando chego aquí si que penso no tipo de lectores e que cousas contribuirán a aclarar a historia e cales poden complicar a súa recepción».

 

ENVIAR NOTICIA  

encontros A literatura galega segue estando «connotada» no seu propio país

Os dous escritores debaten sobre a dependencia da lingua e sobre a necesidade de pensar nos receptores

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
A literatura galega segue estando «connotada» no seu propio país
Agustín e Inma coinciden en que os escritores deben aspirar a ter lectores e cooperar para buscalos, aínda que non ten por que ser exactamente no momento de escribir
Autor de la imagen: | XOÁN CARLOS GIL

Relacionados de la noticia

 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.ociohome
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD:17:sec.ociohome
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.ociohome
LVDG_PUBLICIDAD:11:sec.ociohome
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.