Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

idioma O léxico galego entra con 800 termos nos novos vocabularios da lingua portuguesa

Autor:
La Voz
Fecha de publicación:

Uns 800 termos, que se consideran específicos do galego, aparecen no Vocabulário Ortográfico da Língua Portuguesa , publicado por Porto Editora e adaptado ao novo Acordo Ortográfico, que se porá á venda en Portugal o día 14. A relación foi elaborada por unha Comisión da Academia Galega da Língua Portuguesa, presidida por Martinho Montero Santalha, profesor da Universidade de Vigo. A obra foi presentada esta semana en Compostela polo seu director, o académico portugués João Malaca Casteleiro. No mesmo acto foi anunciado, por parte do lingüista Evanildo Bechara, da Academia Brasileira de Letras, que o vocabulario ortográfico que ten previsto publicar esta institución nos inicios do 2010 tamén incluirá ese léxico galego; e o mesmo fará o que ten programado a Academia das Ciências de Lisboa, segundo avanzou o membro da mesma Artur Anselmo, que estivo tamén en Santiago.

Montero Santalha insiste en que o léxico galego xa se encontra entre as 180.000 entradas lexicais do vocabulario que se lanza ao mercado na próxima semana, ou entre os 350.000 publicados na versión anterior do Brasil. Os 800 termos son considerados especificamente galeguismos, ou palabras que deixaron de ter un uso habitual na chamada lusofonía, como neno, brétema, lóstrego, con ou aginha . A Academia, indica, traballa agora nas definicións, para se incluír nos futuros dicionarios.

 

ENVIAR NOTICIA  

idioma O léxico galego entra con 800 termos nos novos vocabularios da lingua portuguesa

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

Cargando
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.