«Hoxe en día calquera persoa que se considere culta ten que saber quen é Hugo Pratt»

La Voz

CULTURA

27 sep 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

P. ¿Gañou «respectabilidade» artística o cómic como xénero nos últimos anos? D. R. Hoxe en día calquera persoa que se considere culta ten que saber, por exemplo, quen é Hugo Pratt. M. P. Estamos nun momento de madurez. As temáticas abríronse de tal modo na banda deseñada que podes encontrar exactamente o mesmo que che guste en cine ou narrativa. Nese sentido o proceso de penetración foi lento, pero constantemente hai obras que enganchan novos lectores. Pasou, por exemplo, con Píldoras azuis [obra do suízo Frederik Peeters], que era o típico libro que utilizábamos para enganchar a outros en plan 'le isto e xa verás', Arrugas , ou María y yo de Miguel Gallardo. Libros dese tipo impactaron moitísimo.

P. O que houbo tamén é como un borrado das fronteiras entre cómic e narrativa. Hai novelas gráficas con case tanto texto como a novela clásica. D. R. Pero eu considéroas cómic igualmente. Non funcionan igual as ilustracións dun libro de narrativa. M. P. Sempre houbo esa discusión do que era cómic. Pero o que si é certo é que son sistemas diferentes. A miña nai, que non ten cultura de cómic, poslle unha serie de libros, pregúntaslle cales son cómics e non falla.