O conxunto que edita Difusora contén ademais un disco de música e un volume sobre a novela
Tres xogadores aproveitarán as habilidades e características dos personaxes da novela de Blanco Amor
Tres personaxes para tres xogadores. Tres personaxes que deben facer unha viaxe pola conta dos números que saen dos dados e que han percorrer algunhas das rúas máis literaturizadas da cidade de Ourense.
Estes tres personaxes son os protagonistas dunha novela que este ano cumpre cincuenta anos, aínda que se lle botan algúns menos. A Esmorga terá este inverno varias celebracións e servirá, ademais, como argumento para algúns outros produtos culturais ou de ocio. Entre eles un xogo de rol que está a desenvolverse na cidade que tamén protagoniza a novela e que aproveita algunhas das circunstancias esencias dese relato como factores de evolución do xogo.
Ben entrado o mes de novembro este xogo será editado por Difusora formando parte dun mesmo conxunto con oferta múltiple: un disco no que bandas da cidade musicarán pezas do escritor, un libro e mais este xogo de sobremesa.
Segundo o coordinador do xogo, o deseñador ourensán Xosé Lois Vázquez, a intención de partida con esta iniciativa é que nun ano de «celebracións a obra de Blanco Amor poida xerar dende a creatividade de Ourense novas producións e novas maneiras de achegarse a ela». Un equipo de sete persoas está desenvolvendo este proxecto que finalmente escolleu como soporte un taboleiro con sesenta e catro cadrados e tres figuras.
O xogo ten, segundo os seus realizadores, un plan sinxelo e pretende aproveitar ao máximo aquelas características que os personaxes e as súas accións marcan na novela. Deste xeito, e seguindo a marca de case calquera xogo de sobremesa, os tres posibles xogadores deberán lanzar dados para conseguir un número e mover as súas personaxes. As tres que centran unha novela que pasa por ser a mellor das escritas en galego.
Unha vez que os dados dean número cada xogador deberá moverse polo taboleiro, asumindo as accións e as ordes que figuran en cada unha das sesenta e catro fichas e tendo en conta os atributos e as habilidades particulares dos personaxes. Deste xeito, segundo explica Vázquez, «hai tres elementos principais que inflúen nos personaxes e no desenvolvemento do xogo». Tres elementos tomados directamente da novela. Un deles son «os pensamentos», como lle chama o personaxe principal, O Castizo, que modifican as súas accións. Outro dos elementos son os rumores que circulan pola cidade e que os tres protagonistas deben ter en conta para non ser detidos ou para decidir en que dirección camiñar. O terceiro dos elementos que pesa neste xogo é o nivel de alcohol que teña cada un dos participantes nesta esmorga de sobremesa. Como acontece na novela, os personaxes cambian as súas accións e reaccións en función da carga etílica e aquí os xogadores tamén verán alteradas as facultades do personaxes que escollan segundo beban.
Co desenvolvemento da idea Emilio Tilve e Marcos Fernández o Castizo, o Bocas e o Milhomes teñen capacidades diferentes para avanzar no xogo ou para conseguir que os seus dous opoñentes retrocedan. As habilidades de cada un son singulares de maneira que escoller a un ou a outro personaxe ofrecerá experiencias de xogo diferente. As imaxe do xogo e o deseño do taboleiro e das pezas será obra de Idoia de Luxán, encaixado no conxunto de xogo, cedé musical máis libro.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios