pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:pastilla_superior:sec.ociohome
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

Indice de contenidos

encontros culturais Manuel Bragado e Xosé Ballesteros «Non somos un sector subvencionado»

Os responsables de Xerais e Kalandraka desmontan a idea de que o libro galego vive das axudas públicas

Autor:
Ángel Varela
Fecha de publicación:

A normalidade da anormalidade. Así resume Xosé Ballesteros, responsable de Kalandraka, a situación da edición en Galicia. Xunto a Manuel Bragado, director xeral de Xerais, os dous profesionais analizaron para La Voz a realidade dun sector en continua loita por superar as, xeralmente, adversas circunstancias económicas que vive o mercado do libro galego.

Pregunta. ¿Son sempre malos tempos para editar en galego?

Manuel Bragado. A edición en Galicia ten que asumir os retos da edición no resto do mundo. Hai unha transformación dun modelo analóxico a un modelo mixto analóxico-dixital. Aquí tamén hai que afrontar os retos da propia sociedade galega, que depende do futuro que queiramos deseñar para a nosa lingua, a nosa cultura e, especificamente, da lectura. Hai veces que podes sentir dificultades conxunturais, coma neste momento a non convocatoria por parte da Administración das axudas á tradución, ou que as manifestacións do partido do Goberno da Xunta respecto á nosa lingua non sexan alentadoras, debido a que se poden romper consensos que custou moito tempo formar. Pero eu son optimista, porque en Galicia non existiu nunca un sector da edición tan profesional nin unha sociedade de lectores como os que hai agora.

Xosé Ballesteros. Gustaríame facer unha radiografía do sector antes de ofrecer a miña opinión. A metade dos libros que se publican en Galicia son de texto non universitario. Un cuarto sería literatura infantil e xuvenil, que tamén está moi relacionada co mundo escolar, e o restante número de exemplares vendidos dividiríanse entre unha metade de narrativa e outra cos xéneros restantes, sexan ensaio, poesía, etcétera. Ese chamémoslle pastel do libro en Galicia cada vez é máis pequeno. O libro de texto non creo que varíe, pero historicamente depende das editoriais non galegas que publican libro de texto. A outra parte creo que cada vez vai ser máis pequena porque cada vez haberá menos falantes en galego, e, polo tanto, menos lectores. ¿Cal é o teito de venda dun libro en galego? Pois por exemplo, un best seller como O neno do pixama a raias vendeu entre 12.000 e 13.000 exemplares. Todo isto significa que vivimos nun estado de normal anormalidade e iso non vai cambiar. O que existe é unha necesidade de vender fóra, como no seu día fixeron os deseñadores de moda.

P. ¿Por que moita xente pensa que a edición de libros está moi subvencionada?

X.?B. Por falta de información. Nós non recibimos subvencións.

M.?B. Dicímolo e non nolo cren. Iso está reflectido nas nosas contas. A xente pensa que calquera cousa que estea editada en galego está subvencionada. Moitas persoas veñen aquí co seu libro e dinnos que como xa vamos a cobrar a subvención non corremos ningún risco. Iso é falso. Se os nosos libros non se defenden no mercado, a nosa empresa pode ter dificultades. Non podemos considerar que os libros que son adquiridos para as bibliotecas sexan considerados como unha subvención encuberta, porque iso sucede en todos os países do mundo. No caso de Galicia, esas adquisicións nin sequera son moi fluídas, porque as bibliotecas aínda están comprando os títulos de hai un ano. Isto é un problema, porque as bibliotecas son o grande elemento dinamizador do libro. [Fóra de micrófono, Ballesteros dirá logo que cando se edita, por exemplo, mil exemplares dun libro, as bibliotecas públicas compran arredor de cen, e a prezo un tanto rebaixado].

X.?B. Cada biblioteca pode recibir un exemplar de cada libro galego, e non de todos os títulos que se publican.

M.?B. O que si é certo é que o sector que recibe axudas deste tipo somos os editores que elaboramos libros de texto. Esas son as subvencións que existen en Galicia: para elaborar libros de texto.

X.?B. Ademais aí pode entrar calquera editorial que faga libros de texto en galego.

M.?B. E que non somos os editores radicados en Galicia os que máis cantidade recibimos.

X.?B. Aí está a contradición, que a maioría das editoriais que fan libros de texto en galego non son galegas.

P. Moitos dos libros escolares galegos veñen de Madrid.

M.?B. E que o 20% dos libros editados en galego fanse fóra de Galicia. A idea de que o sector está subvencionado tamén interesa politicamente, porque aquel que está subvencionado parece que é menos libre.

X.?B. O que está claro é que non somos un sector subvencionado porque as bibliotecas compren libros.

 

ENVIAR NOTICIA  

encontros culturais «Non somos un sector subvencionado»

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
«Non somos un sector subvencionado»
Manuel Bragado, director xeral de Edicións Xerais, e Xosé Ballesteros, responsable de Kalandraka, coinciden na alta profesionalidade do sector en Galicia
Autor de la imagen: | GUSTAVO RIVAS

Relacionados de la noticia

 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.ociohome
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD:17:sec.ociohome
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.ociohome
LVDG_PUBLICIDAD:11:sec.ociohome
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.