Os académicos reivindican a «xustiza da lembranza» na festa das letras

La Voz

CULTURA

Á marxe de cal sexa finalmente a candidatura elixida, académicos como Salvador García-Bodaño sinalaban onte a importancia que o Día das Letras ten «como conmemoración e como xustiza da lembranza». Unha cuestión, esta, na que tamén incide outro académico máis, Xosé Luís Axeitos, remarcando o que supón para a lingua e a cultura de Galicia.