14 jun 2009 . Actualizado a las 02:00 h.
A viúva de Uxío Novoneyra, Elba Rey, lembra, emocionada, ao poeta. «Uxío está na lingua, como están todos os galegos mortos», di ela, lembrando as palabras do propio Novoneyra.
Conmóvese ao contar como a súa casa do Caurel segue a ser para moitos lectores, un lugar de «peregrinación». E recorda que Novoneyra, que «non era académico», xamais foi «un home encandilado polos honores». Nese mesmo sentido, apunta tamén que poida que o poeta non recibise moitos recoñecementos oficiais, pero que en cambio conta co recoñecemento do pobo, que é quen reivindica a súa memoria, coa mesma intensidade coa que Uxío Novoneyra reivindicaba o que é patrimonio de todos. E dun xeito moi especial, a lingua galega.