14 jun 2009 . Actualizado a las 02:00 h.
Entre os candidatos ao Día das Letras que os académicos están a considerar atópase o escritor, economista e empresario Valentín Paz Andrade. Nado en Pontevedra no ano 1899, sendo militante do Partido Galeguista colaborou coa redacción do Estatuto de Autonomía de Galicia. Tras anos de exilio fundou a empresa Pescanova, que presidiu ata 1960. Membro da Real Academia Galega, os seus ensaios abranguen temas que van desde a marxinación de Galicia ata a figura de Castelao. Considerado un dos grandes expertos mundiais no mundo da pesca, colaborou, entre outros organismos, coa FAO.
Tras o regreso da democracia a España, foi elixido senador.