pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:sec.ociohome
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

luis soto|músico «Queremos crear un repertorio musical galego de novos compositores»

Este proxecto pretende estimular ?a creatividade dos artistas do país

Autor:
Luis P. Ferreiro
Fecha de publicación:

O frautista Luis Soto ten un impresionante currículo. Este ponteareán formouse en Madrid, París e Stuttgart, e colaborou con diferentes grupos de cámara e orquestras, así como co grupo teatral Matarile . Actualmente é profesor instrumentista de frauta travesa na Real Filharmonía de Galicia e lidera, xunto ao pianista Diego García, o proxecto Galicia XXI. Esta aventura musical ten obxectivos tan ambiciosos como a creación dunha editorial musical galega e levar aos compositores galegos aos temarios dos conservatorios. Outro dos propósitos do dúo é interpretar un repertorio propio de piano e frauta composto por estes novos autores galegos. Presentan o seu espectáculo multimedia o domingo 14 no Museo Carlos Maside, de Sada, e actuarán tamén o 19 deste mes na antiga fábrica de Sargadelos en Cervo, e o 12 de xullo no Centro Galego de Arte Contemporáneo de Santiago, dentro do festival Via Stellae.

-¿Como xurdiu a idea dun proxecto tan ambicioso como Galicia XXI?

-Xuntouse a inquedanza como frautista de crear un repertorio propio para o meu instrumento e o desexo de facer xustiza e tocar pezas creadas por compositores galegos. Por exemplo, no concerto que imos dar o vindeiro domingo en Sada o noso repertorio consiste en pezas de cinco dos nosos novos valores musicais. Pero non é esta a nosa única meta.

-¿Que outros fins perseguen?

-O obxectivo último do proxecto é estimular a creación destes compositores, pero dentro dunha editorial musical galega. Que o seu traballo pase dos seus ordenadores ao papel e poder presentar estas partituras acompañadas por un soporte fonográfico.

-¿Todas as pezas que interpretan no seu espectáculo son de novos compositores galegos?

-Si. Ese é un dos obxectivos de Galicia XXI, o fomento e promoción dos nosos novos autores.

-¿E os compositores están respondendo?

-Por suposto. A súa acollida da iniciativa foi excepcional. Queremos crear un repertorio musical galego de novos compositores, poñendo a estes autores na rúa, en espazos dos que antes non dispoñían. E ese é o mellor estímulo que poderían ter.

-¿E como contactan con estes novos valores?

-Pois de moitas maneiras, sobre todo a través da páxina web, pero non sempre. A pasada semana fixéronnos unha reportaxe no programa da TVG Miraxes , onde fixemos un chamamento aos compositores galegos comprometéndonos a tocar as pezas que nos enviasen. Un rapaz chamounos despois de velo, mostrounos o seu traballo e no recital deste domingo no Museo Carlos Maside de Sada xa imos tocar a súa obra. Disto trata Galicia XXI, de instar a todos os autores galegos para que colaboren, que nós interpretaremos a súa música.

-¿Cómo son as súas presentacións en vivo?

-Non nos dedicamos a soltar a chapa durante unha hora [risas]. Damos algo máis, intentamos que ao público a música lle entre polos oídos, pero tamén polos ollos. En directo convertémonos nun trío porque levamos unha pantalla onde proxectamos diapositivas cunha información escueta sobre o compositor da peza que soa nese momento, coa fotografía do autor e máis datos e imaxes que faciliten a comprensión da música por parte da audiencia. En concreto, proxectamos catro imaxes por obra.

-¿Mostraron algún interese os entes públicos no proxecto?

-Estamos xa en conversas co Goberno autonómico, en concreto con Cultura, porque a proposta de crear unha editorial musical galega é algo que compete á Administración. Levar aos compositores galegos aos conservatorios é a gran asignatura pendente da nosa música clásica, e outro dos obxectivos que nos marcamos con Galicia XXI. Invitar aos compositores a facer un repertorio propio é algo que en Francia se fixo hai xa 120 anos, e aí están os resultados. Esta é a idea que lle queremos transmitir á consellería, que aquí temos xente cunha formación extraordinaria, como Octavio Vázquez, Fernando Buide ou Julio Montero.

 

ENVIAR NOTICIA  

luis soto|músico «Queremos crear un repertorio musical galego de novos compositores»

Este proxecto pretende estimular ?a creatividade dos artistas do país

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
«Queremos crear un repertorio musical galego de novos compositores»
Luis Soto busca a implicación da Xunta no seu proxecto
Autor de la imagen: | SABELA IGLESIAS
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.ociohome
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD:17:sec.ociohome
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.ociohome
LVDG_PUBLICIDAD:11:sec.ociohome
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.