Ramón Loureiro e Gonzalo Pernas presentaron «Príncipes de Bretaña, estrelas de Compostela»

La Voz

CULTURA

O escritor e xornalista Ramón Loureiro e Gonzalo Pernas, autor das ilustracións do libro, presentaron onte no salón de actos de Ámbito Cultural de El Corte Inglés da Coruña Príncipes de Bretaña, estrelas de Compostela, unha obra de carácter infantil que pretende chegar tamén ao público adulto.

O mundo medieval das peregrinacións a Santiago de Compostela, a tradición cristiá e as fábulas profanas da época ou que se inspiraron nela inspiran un relato que Gonzalo Pernas ilustrou procurando unha estética de tipo naíf que intenta achegarse á do románico.

Na presentación da obra interviñeron tamén o escritor e xornalista Ramón Pernas e, por parte da editorial Biblos, Tucho Calvo.