pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:sec.ociohome

Indice de contenidos

«O neno do pixama a raias» é un libro claramente infantil

Fecha de publicación:

Fernández Paz, vilalbés do 47 afincado en Vigo, segue loitando pola dignificación da literatura xuvenil.

-¿Non cre que hai moito escritor atrevido facendo contos para nenos?

-Eu teño moito respecto por todos os colegas, fagan o que fagan. Se ocorre iso, non creo que pase en maior medida que na literatura de adultos. O que si persisten son os prexuízos coa literatura infantil e xuvenil, aínda que diminuíron moito nos últimos anos. Aínda queda moita xente que non se achega a libros que están en coleccións infantís ou xuvenís, e cando lles pasan o mesmo libro para unha colección de adultos, si que o fan. É, por exemplo, o caso de O neno co pixama a raias , que é un libro claramente infantil.

-E falando de libros que se venden coma churros, ¿que opinión lle merece o fenómeno Stieg Larsson?

-Pois cando lin as dúas novelas que hai publicadas, nin durmín. É unha narrativa que transcende a dimensión tópica do best seller . É certo que ten a estrutura típica dos libros que buscan dirixirse a un público masivo, pero creo que en Larsson hai unha solidez argumental e unha escrita que engancha moitísimo e non te solta. Para min foi un pracer lelo. O primeiro o lin dúas veces para analizalo mellor e estou desexando que chegue xuño para que publiquen xa o terceiro. Paréceme un escritor extraordinario e está moi merecido o éxito que desgraciadamente non pode ver. Logo está o tinglado mediático, iso é outra cousa.

-¿O Premio Nacional de Literatura cambioulle en algo a vida?

-¡Non, ho! Obviamente foi unha satisfacción moi grande e supón unha maior difusión do meu traballo, pero como me colleu xa de maior non creo que altere a miña escrita nin os meus costumes. Para min cada libro é coma se fora o primeiro. Por certo, que a entrega dos premios é o 23 de xuño en Teruel.

 

ENVIAR NOTICIA  

«O neno do pixama a raias» é un libro claramente infantil

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.ociohome
LVDG_PUBLICIDAD:17:sec.ociohome
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.ociohome
LVDG_PUBLICIDAD:11:sec.ociohome