28 may 2009 . Actualizado a las 02:00 h.
A Fundación Luis Seoane proxecta hoxe ás oito na Coruña No medio do mundo, estrea en España do primeiro dos dous filmes-ensaio que Viatcheslav Amirkhanian lle dedicou á figura do poeta Arseni Tarkovski, pai do cineasta Andrei Tarkovski a quen se lle dedica o ciclo de documentais que se están a proxectar esta semana. A influencia da obra de Arseni Tarkovski está presente en gran parte da do seu fillo Andrei, como, por exemplo, nas poesías incluídas no filme de ciencia ficción Stalker .
Arseni Tarkovski mantivo unha estreita amizade con Viatcheslav Amirkhanian na etapa final da súa vida.