pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:sec.ociohome
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

festival Cans homenaxea aos directores e estrea a animación sobre un texto de Etxebarría e debuxos de Víctor Coyote

Cinco realizadores iniciados no festival adiantan imaxes sobre as súas novas longametraxes

Autor:
Camilo Franco
Fecha de publicación:

Moitas mans e unha historia. Cans presentará hoxe unha animación para todos os públicos que retoma unha historia de Lucía Etxebarría sobre a que pintou Víctor Coyote e que animou Álvaro León producido por Rubén Coca. A nena que tiña unha soa orella é unha das propostas de Cans que hoxe revisará a herdanza que o festival vai deixando nos realizadores.

Primeiro foi un libro, La fantástica niña pequeña y la cigüeña pedigüeña, escrito por Lucía Etxebarría e ilustrado por Víctor Coyote. Ese libro chamou a atención de Álvaro León e Rubén Coca para facer A nena que tiña unha orella soa, unha curta de animación que se preestrea hoxe en Cans e que ademais desta procedencia plural ten, segundo o seu produtor, «a intención de utilizar técnicas que tanto Álvaro coma min tiñamos utilizado en distintas obras, pero nunca todas por xunto». Coca explica que hai nesta curta «sombras chinesas, 2D e 3D». En canto á adaptación, o produtor explica: «Somos nós respectando unha obra previa e tentado que o resultado deixe contentos a todos, e creo que o conseguimos». Adaptar unha obra ten sentido, segundo Rubén Coca, porque «o material de partida era moi bo e permitía xogar co que queriamos».

É a primeira vez que as ilustracións de Víctor Coyote pasan á animación. Coyote, que non poderá estar en Cans porque está preparando o seu novo disco, advirte que non debe haber «respecto cando alguén versionea unha obra doutro». E asegura que o mellor «é entrar a saco». O músico explica que a curta «non debe xulgarse en ningún caso en relación coa proximidade que garde coas ilustracións».

Vai de directores

Algúns deles levan subíndose ao chimpín varios anos, pero nesta edición o Festival de Cans quixo explicarse aos seus espectadores que o pase polo evento dos galpóns foi un punto de partida máis que eficaz para que os realizadores pasasen das curtas ás longas ou que buscasen novos xéneros nos que contar historias.

Cinco adiantos para a tarde de hoxe de cinco longas que están en fase de montaxe ou próxima estrea. Crebinsky, de Quique Otero, 18 comidas de Jorge Coira, O apóstolo de Fernando Cortizo, Clángor, de Pablo Iglesias, e Relatos de Mario Iglesias. Estes son os Fillos de Cans.

O outro realizador que pasará por Cans será Xavier Villaverde. O director de Trece badaladas e un dos primeiros experimentados coa videonarración no país recibirá o seu certificado de ter pedigrí audiovisual.

 

ENVIAR NOTICIA  

festival Cans homenaxea aos directores e estrea a animación sobre un texto de Etxebarría e debuxos de Víctor Coyote

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
O certame de Cans presenta hoxe unha animación para todos os públicos baseada nun conto de Lucía Etxebarría ilustrado por Víctor Coyote
O certame de Cans presenta hoxe unha animación para todos os públicos baseada nun conto de Lucía Etxebarría ilustrado por Víctor Coyote

Relacionados de la noticia

 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.ociohome
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD:17:sec.ociohome
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.ociohome
LVDG_PUBLICIDAD:11:sec.ociohome
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.