Sés publica o seu cuarto disco, «Opoñerse á extinción»

Montse García Iglesias
Montse García SANTIAGO

SANTIAGO

Montse García

Mañá sairá á venda o traballo, que presentou no Museo do Pobo

01 dic 2016 . Actualizado a las 15:59 h.

O cuarto disco da cantante coruñesa Sés, «Opoñerse á extinción», ve mañá a luz. Trátase, segundo explicou, dun traballo «de amor á nosa cultura e identidade». Na presentación deste traballo, celebrada no Museo do Pobo Galego, destacou que o que máis lle preocupa é que o galego se extinga. «Non lle quedan máis de 50 anos de vida», afirmou.

Neste novo disco, Sés continúa na liña dos dous anteriores, cunha onda ecléctica que vai do rock ao blues pasando pola canción de autor latinoamericana, pero atrevéndose desta volta con novas sonoridades e deixando máis espazo para a canterira que hai no seu interior.

O primeiro concerto en directo con este novo traballo será o día 28 no Teatro Rosalía de A Coruña, despois que se se esgotaran as do primeiro día previsto, o 29. Despois, o 14 de xaneiro estará no Pazo da Cultura de Narón.