As xentes do mar soben en dornas ata Padrón para homenaxear a Rosalía

u.l. padrón / lA voz< / span>

SANTIAGO

As dornas arousanas ofreceron unha bonita imaxe no río<span lang= es-es >. </span>
As dornas arousanas ofreceron unha bonita imaxe no río. uxía lópez< / span>

13 jul 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

Padrón foi onte punto de chegada de dúas rutas ben distintas. Por un lado, a dos catamaráns da peregrinación xacobea e, por outro, a das dornas da Arousa, esta última como homenaxe das xentes do mar a Rosalía de Castro, promovida pola fundación que leva o nome da escritora e pola Asociación Cultural Dorna de Arousa.

A media tarde, dezaseis dornas do Grove, Cambados e A Illa de Arousa subiron co vento en contra polo río Sar ata o Paseo do Espolón, despois de partir dende a praia fluvial de Vilarello, en Cordeiro, no concello de Valga. En Padrón, a altura do Espolón, as dezaseis dornas flamearon velas na honra de Rosalía e do seu verso Que inchadiña branca vela, do libro Cantares Gallegos, mentres soaba música tradicional galega e aplaudía o numeroso público congregado no paseo, nun día no que a vila gozou tamén da feira medieval.

É o segundo ano que a Fundación Rosalía de Castro organiza esta homenaxe pero foi o primeiro no que os mariñeiros sacaron a man da auga unha dorna, a que levaba o nome da escritora, para depositala ante a súa estatua no Espolón onde, xunto co Concello, deixaron unha coroa de loureiro antes de levantar remos todos xuntos e pousalos sobre a embarcación, para logo escoitar o himno galego con padroneses, conveciños e visitantes.