Novos Cinemas programa en Pontevedra trece películas de nueve países en sus secciones competitivas

Alfredo López Penide
López Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIUDAD

Ramón Leiro

La ciudad del Lérez acogerá el estreno internacional de «Abril, verde, amarillo»

28 nov 2023 . Actualizado a las 16:07 h.

Do 12 ao 17 de decembro, a cidade do Lérez acollera a oitava edición do Festival Internacional de Cinema de Pontevedra, Novos Cinemas, unha cita na que se proxectarán 39 filmes, dos que trece participarán nas dúas seccións competitivas, Oficial (9 filmes) e Latexos (4). Cinco das películas vivirán a súa estrea en España, seis en Galicia e unha terá a súa presentación no ámbito internacional, destacou Suso Novás, director artístico do festival.

Na sección oficial os afeccionados gozarán cunha selección de obras que abarcan dende o thriller socieoeconómico ata filmes de adolescentes, pero tamén con retratos de comunidades migrantes que aspiran a integrarse e prosperar na sociedade occidental. Estrearanse a nivel nacional as francesas Le coueur du masturbateur, de Michael Salermo, e Peter Pan, de Natacha Samuel & Florent Klockenbring, a arxentina Cambio, cambio, de Camila Fabbri, a xaponesa There is a stone, de Tatsunari Ota, e a estadounidense An evening song (for three voices), de Graham Swon.

Ramón Leiro

Proxectaranse por primeira vez en Galicia Concrete Valley, de Antoine Bourges, The bride, da ruandesa Myrian U. Bariba, a arxentina Clara se pierde en el bosque, de Camila Fabbri, a estadounidente An evening song (for three voices), de Graham Swon; e a sueca The wild duck, de Nadja Ericsson.

Latexos, pola súa banda, volve configurarse como «un espazo que reúne aquelas propostas que quedaron fóra dos circuítos» no que teñen cabida dende documentais sobre comunidades europeas ata propostas de ficción. As catro seleccionadas son Abril, verde, amarillo, de Santiago Aulicino, que se estrea a nivel internacional, Las tierras del cielo, de Pablo García Canga; Antier Noche, de Alberto Marín Meaño, e Zimmerland, de Valeria Stucki, que se exhiben, por vez primeira, en Galicia e en España, respectivamente.

Ramón Leiro

Novos Cinemas volverá a amosar o seu compromiso coa formación con tres espazos de diálogo: o #LAB, «o buque insignia do festival», en palabras de Novás, #Encontros, onde profesionais como Víctor Soho, Tiago Vieira da Silva ou Bruno Arias compartirán os seus traballos e dialogarán co público, e #Aula, proposta formativa con obradoiros.

«Este festival é un proxecto pensado para apoiar os novos valores emerxentes do audiovisual», destacou o deputado Jorge Cubela, idea na que incidiu o director da Área adxunta a Vicerreitora da Universidade de Vigo, Luis Torres: «Novos Cinemas sáese do que son os festivais de cine tradicionais». Jacobo Sutil, director de Agadic, puso o acento no feito de que «é un festival especializado en primeiros e segundos traballos, orientado á formación, pero que tamén fai un seguimento dos proxectos, como se exemplifica nas longametraxes de apertura e de clausura», Á procura a estrela e Cando toco un animal. E o concelleiro Demetrio Gómez remarcou a «aposta por filmes que ofrecen novos camiños que exploran e explican o mundo no que vivimos».