Carlos Casares volve ao centro onde encetou a carreira docente e ao que lle dá nome

La Voz

VIANA DO BOLO

xmr

No IES Carlos Casares de Viana do Bolo celebran hoxe unha xornada en memoria do escritor

11 may 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • A partir das 11.00 horas • IES Carlos Casares (Viana do Bolo) • Viana do Bolo marcou unha etapa fundamental na biografía de Carlos Casares. Foi o seu primeiro destino como docente e sempre gardou un gran recordo daquel tempo e dos proxectos que alí encetou ou desenvolveu ao tempo que daba clase. Viana do Bolo protagoniza unha das maletas que se poden ver na mostra «Os mundos de Carlos Casares» que está no Centro Valente, de Ourense. No IES Carlos Casares de Viana do Bolo celebran hoxe unha xornada que será inaugurada ás 11.00 horas pola xefa territorial de Educación, Luz Fernández Quintas. A continuación haberá unha charla de Afonso Vázquez-Monxardín titulada «Casares e a provincia de Ourense». Ás 12.30 horas falarán os máis achegados: Xavier Casares e Gustavo Garrido. Ás 13.15 horas darase a coñecer aos gañadores do concurso de relatos e de debuxo. A clausura do acto correrá a cargo de Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística.