O Barco festexa o 17M con cine, música e maxia

La Voz O BARCO

O BARCO DE VALDEORRAS

Xoán Curial dará un concerto no Barco.
Xoán Curial dará un concerto no Barco. ANA GARCIA

Os actos comezarán o día 2 e manteranse todo o mes de maio

25 abr 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Maio • O Barco de Valdeorrsa • O Concello do Barco e o cineclub Groucho Marx programarán o mes do cine galego para maio. O día 2 proxectarase «Mimosas», o 9 «Eles transportan a morte», o 17 e 19 «Cuñados», o 23 «As Neves» e o 30 «Samsara». Todos os días haberá dobre sesión: ás 17.00 e ás 19.00 horas.

O día 12 á unha da tarde poderase ver o espectáculo «Indóciles» para público adulto no Malecón (na zona de Correos). O día 15 ás sete, na biblioteca, Xoán Curiel presentará «Cantando as nosas letras», para nenos a partir de tres anos. O día 16 ás oito, concerto no teatro dos alumnos do Conservatorio e da Escola de Música. Para pechar, o día 17 ás sete, na praza Maior está previsto o espectáculo «Con V de Violín», de Martín Camiña.