Ourense reivindica o cómic

XOSÉ MANOEL RODRÍGUEZ OURENSE / LA VOZ

OURENSE

Santi M. Amil

As Xornadas de Banda Deseñada recuperan o galardón para os noveis

17 oct 2012 . Actualizado a las 07:25 h.

As Xornadas de Banda Deseñada anunciaron este ano a recuperación do premio para os creadores noveis, cita histórica do certame da que sairon algúns dos mellores creadores actuais da banda deseñada galega, e onte foron entregados os galardóns na librería Sindicato del Cómic. O xurado elexido pola organización acordou, por unanimidade, conceder o primeiro Premio Benito Losada de Banda Deseñada a Cristian Fojón Caruncho pola súa obra O home que liberou a fraga. O segundo premio foi para o traballo presentado Giovanna Lopalco e o terceiro foi para Xulia Vicente Jiménez. A mención especial do xurado foi para o traballo presentado por Shi Qi Luís Yang.

Novas xeracións e apoios

Dende a Fundación Benito Losada o coordenador das xornadas, Xavier Paz, salientou o compromiso do certame «coa potenciación e o recoñecemento do traballo que fan os novos creadores. Este non é un premio importante se o consideramos dende o punto de vista económico, mais é un recoñecemento que serve para abrir moitas portas e un grande apoio para os novos creadores galegos que se queren adicar ao cómic». Referiuse á incorporación das novas xeracións «como podemos comprobar ao ter unha italo-galaica e a un galego de nova ascendencia chamado Shi Qi Luís Yang».