O Parlamento catalán aproba hoxe a resolución para a secesión. Inmediatamente, o Goberno recorre ao Tribunal Constitucional, que anuncia a suspensión da devandita resolución. O que segue, segundo todos os prognósticos dos entendidos na materia, é que a presidenta desobedece a orde do Constitucional. E despois...
A min isto lémbrame o que pasou cando Juan María Atutxa, sendo presidente do Parlamento vasco, negouse á cumprir a orde do Tribunal Supremo de disolver o grupo parlamentario SA , que fora ilegalizado. Tras unha pequena liorta entre o Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco, que o absolvía, e o Tribunal Supremo que o condenaba , impúxose este e Atutxa foi condenado a un ano e medio de inhabilitación e a unha pequena multa. Hoxe é presidente da Fundación Sabino Arana.
Poida que en Cataluña suceda o mesmo e esta aventura independentista acabe coa carreira política duns cantos implicados e non só coa da señora presidenta, tras a cal se parapeta agora Artur Mas, que ata é posible que salga indemne da lea na que meteu ao seu país. Pero é posible que as cousas vaian a peor. Entre ese 48 % de votantes independentistas, pode que haxa un grupo que non se resigne. E a historia demostra que basta un pequeno número de fanáticos para crear unha ETA ou un IRA. Oxalá non sexa así.