Estilo requintado máis profundidade

La Voz

CULTURA

28 sep 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

A Academia respondeu a Nélida Piñon por boca do historiador Ramón Villares, quen gabou o requintado estilo literario da escritora e mais a profundidade dos temas que desenvolve. Centrouse en «A república dos soños», que, alén da epopea migratoria, configúrase tamén como «un relato fundacional do Brasil» e que grazas á súa ollada dende a perspectiva inmigrante «veu a colmar unha ausencia nos grandes tópicos literarios da cultura brasileira». Máis alá da xustiza literaria que supón a homenaxe a Nélida Piñon, para Villares tamén debería contribuír a «sobardar valados, xeralmente inmateriais, que acoutaron a nosa capacidade de nos expandir e nos relacionar co mundo de lingua portuguesa».