Dixitalizan unha selección de obras

La Voz

CULTURA

27 sep 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

Como complemento ás mostras divulgativas, a biblioteca dixital de Galicia vén de poñer en marcha un mircrositio específico na Rede onde se recolle unha escolma representativa da inmensa produción bibliográfica do Padre Feijoo. En www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es poden consultarse en formato dixital «Theatro critico universal» xunto co suplemento engadido en 1740 «Cartas eruditas y curiosas», así como algunhas das obras escritas por outros autores e que tiveron como obxecto de polémica, homenaxe ou estudo os discursos do universal Padre Feijoo.