Galaxia abre un blog para lembrar a Fernández del Riego

Santiago / la voz < / span>

CULTURA

05 ene 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

O vindeiro luns a Editorial Galaxia lembrará a un dos seus fundadores, Francisco Fernández del Riego. Tal como xa fixera con Carlos Casares, a editorial galega abrirá un blog na súa web (www.editorialgalaxia.com), no que se irá recollendo material sobre a obra e a figura do galeguista que o vindeiro luns cumpriría cen anos.

Segundo anuncia Galaxia, durante os vindeiros meses nese blog irán aparecendo artigos, estudos e reseñas bibliográficas de e sobre Fernández del Riego.

A editora explica tamén que este blog será a primeira dunha serie de accións que pretenden lembrar a un persoeiro fundamental «sen o que non se podería entender Galicia».