Os recortes deixan á Academia Galega nunha «grave» situación

Só unha enmenda aos presupostos pode cambiar a asignación actual

Valoración Con: 1 estrella 2 estrellas 3 estrellas 4 estrellas 5 estrellas   votos ¡Gracias! Envíando datos... Espere, por favor.

O recorte do 62 % que os presupostos xerais do Estado teñen previsto para a Real Academia Galega deixan a esta institución nunha «grave» situación, segundo admitiu o seu presidente, Xosé Luís Méndez Ferrín. A RAG ten paralizadas as súas actividades e pode manter polo momento o seu funcionamento básico, pero Méndez Ferrín admitiu que «non queda marxe de manobra».

Os presupostos estatais consignaron en 2011 unha partida de un millón de euros para a Real Academia Galega, cantidade que tentaba compensar o agravio comparativo con institucións como a catalana e a basca, que superaban esa cantidade, mentres a RAG non chegaba aos 200.000 euros. Esta consignación tiña que ser aprobada anualmente.

«A comparativa das cifras xa o explica todo, pero ademais está o agravio histórico, porque as outras academias levan dez anos con esas asignacións e para a galega era o primeiro ano que se conseguía», di o presidente da RAG.

Rebaixa da Xunta

O recorte sobre ese millón consignado o exercicio pasado volve a deixar á Academia con ingresos precarios e, segundo sinala o seu presidente, «sen que tampouco a Xunta veña a rescatarnos, porque este ano rebaixou un 28 % e xa o ano pasado nos recortara a asignación».

Para Méndez Ferrín, o «rescate» pode vir dos diputados galegos no Congreso, que introduzan «unha modificación parlamentaria nos presupostos e se incremente a asignación».

«Confiamos en que os diputados galegos do PP, do PSOE e de Bloque veñan ao rescate e, como xa sucedeu na lexislatura anterior, melloren a cantidade inicial prevista», declarou Ferrín.

Co recorte decidido polo Ministerio de Educación y Cultura, explica o presidente da RAG que do que os galegos aportan aos presupostos do Estado «están destinando máis diñeiro para financiar a Academia de Farmacia que a súa academia da lingua, e non creo que iso lle guste a ningún galego». Ferrín advertiu que se non se consigue unha enmenda aos presupostos a «Academia quedará nunha situación económica moi grave».

Comentarios
 
Opinar
*Todos los campos son obligatorios ( Normas de uso )
Datos personales
Opinión
A Academia ten paralizadas comisións por non poder pagar os desprazamentos á súa sede. eduardo pérez